Convocatoria de traducións - Letras galegas 2024

2023-10-03
Prezadas amigas e amigos de Viceversa:
Remitímosvos a convocatoria de Viceversa. Revista galega de tradución de traducións de poemas e relatos curtos de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2024. 



Viceversa. Revista galega de tradución
Viceversa. Galician Translation Journal 23
Viceversa. Revista galega de tradución

ISSN: 1135-8920 | ISSN dixital: 1989-2853
Servizo de Publicacións da Universidade

 
CONVOCATORIA DE TRADUCIÓNS
https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/LuisaVillalta   Co gallo da celebración da figura de Luísa Villalta no Día das Letras Galegas 2024, Viceversa, Revista galega de tradución, lanza unha convocatoria especial para traducións a calquera lingua de poemas e relatos curtos da autora. As traducións seleccionadas publicaranse no número 23 de Viceversa en maio de 2024.
​As traducións poden ir acompañadas dun aparato crítico que analice o orixinal e/ou as decisións de tradución adoptadas; este comentario poderá presentarse a continuación da tradución  e do orixinal ou ben en notas a rodapé. Os traballos débense enviar por correo electrónico ao enderezo viceversa@uvigo.gal nun documento de texto editable que cumpra as Normas de estilo da revista Viceversa. Recomendamos para iso empregar este modelo de documento.

PRAZOS
:        - 31 de marzo: envío do traballo
                        - 15 de abril: comunicación dos traballos aceptados
                        - 26 de abril: envío do texto definitivo
 
CONTACTO
Para máis información: viceversa@uvigo.gal.
Prégase difusión desta convocatoria e máis da páxina web da revista:
http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa/index
 
TRADUCIÓNS DE TEXTOS DE LUÍSA VILLALTA FEITAS E PUBLICADAS POR TERCEIRAS PERSOAS
Recollidas por Tamara Andrés (Universidade de Vigo).
 
1994.     Tradución ao éuscaro de Itxaro Borda dos poemas «Mulier mensura», «Os teus pasos de home e os meus», «Os ombros empezaban a falar. Vénus melada, e un cincel», «Stabat mater dolorosa», «Somos o doce fio que o siléncio outorga», «Non teño outro corpo que un destino», «Ser só ser, ser corpo», «Courante» e «Delicioso é perder tempo». Revista Maiatz, 22.
1999.     Tradución ao éuscaro de Itxaro Borda do poema «Requiem por Uxío Novoneyra». Revista Maiatz, 32.
1999.     Tradución ao ruso de T. Txernixova, L. Kurliándskaia, N. Liebiédeva e V. Andréiev  dos  poemas  «Somos  o  doce  fio  que  o  siléncio  outorga»,
«Entreabren-se-me os ollos cando o dia», «Como o dobre fio dunha espada» e «O vento vai de capa escondendo tras de si sonidos». No limiar do novo milenio. Antoloxía da literatura galega, Tomo IV, Elena Zernova (ed.). San Petersburgo: Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo.1
2006.     Tradución ao castelán de Xoán Abeleira do poema «Viaxe». El País, 18 de marzo.
2008.     Tradución ao francés de Xosé Carlos Carrete Díaz e Francine Sucarrat Boutet dos poemas «En soneto de sons que soan sendo», «Pensar é escuro»,
«Amor, asfalto» e «Acabarei por facer do poema a biografía». Dezasete poetas galegos. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000, Luciano Rodríguez (ed.). A Coruña: Universidade da Coruña.
2010.     Tradución ao inglés de Antonio Raúl de Toro Santos dos poemas «En soneto dos que soan sendo» e «Amor, asfalto». Breogán’s lighthouseAn Anthology of Galician Literature, Antonio Raúl de Toro Santos (ed.). Londres: Francis Boutle Publishers.
2012.  Tradución  ao  español  de  Carlos Clementson de «Pensar é escuro»,
«Acabarei por facer do poema a biografía». Sinfonía atlántica. Antología general de la poesía gallega, Carlos Clementson (ed.). Madrid: Editorial Eneida.
2022.     Tradución ao portugués de Sofia Lobo e Zé Paredes da peza «As certezas de Ofelia». Antoloxía de Teatro Galego Contemporáneo, Vol. I, António Augusto Barros (ed.). Coímbra: Cena Lusófona.
 
 
 

     

1 Os mesmos poemas aparecerán anos despois (2004) no volume Compañeira tristeza. As poetas galegas do século XX, edición tamén ao coidado de Elena Zernova (ed.). San Petersburgo: Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo.