Dúas versións rusas da cantiga de Meendiño: problemas da recodificación do texto orixinal

Autoras/es

  • Alexandra Koss

Palabras clave:

Meendiño, Recodificación, Tradución ao ruso

Resumo

Ata o de agora publicáronse en ruso dúas versións da cantiga de Meendiño. Unha foi realizada por Mark Samáev en 1975 e publicada en Poesías españolas en versiones rusas (Ispánskaya poésia v rússkij perevódaj), antoloxía bilingüe editada por Serguey Goncharenko (1ª edición que abrangue o período 1792-1976, Moskvá, Progress, 1978; 2ª edición, ampliada, 1789-1980, Moskvá, Ráduga, 1984). Outra versión, posterior en varios anos, débese a Anatóly Gueléskul e foi publicada en Lira Lusitana (Lusitánskaya Lira), unha antoloxía unilingüe da poesía portuguesa deitada por Svetlana Piskunova (Moskvá, Judózhestvennaya literatura, 1986).

Polo momento deixemos á parte o feito, moi significativo por certo, de que a mesma obra, creada por un galego, en idioma galego e de ambiente galego, figure en dúas escolmas, unha dedicada á poesía española e outra á portuguesa: este feito débese a razóns científica e historicamente explicables. Na iberística rusa a investigación da poesía galaico-portuguesa ten un historial meritorio e unha extensa bibliografía. Actualmente, xa se tenta situar esta cantiga de Meendiño no contexto da poesía galega.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-31

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución