Reflexións verbo da traducción da Biblia ó galego

Autoras/es

  • Xesús Ferro Ruibal

Palabras clave:

Biblia, Tradución bíblica, Biblia galega

Resumo

A Biblia é o libro máis traducido e máis citado da historia, quizais porque en Occidente as tres grandes relixións son relixións do libro (xudeus, cristiáns e musulmáns). Pero, como se ten dito tantas veces, aínda que estamos afeitos a ter na man un volume que se titula A Biblia, a Biblia é máis unha biblioteca ca un libro: ta biblia significa "os libriños", coma quen di "folletos"; e nin todos inclúen na palabra Biblia o mesmo número de libros.

Xudeus, católicos e protestantes entenden por Biblia un volume de diferentes dimensións: os xudeus non recoñecen o Novo Testamento (NT); e do Antigo Testamento (AT) aceptan os libros escritos en hebreo e arameo e consideran apócrifos os libros que só aparecen na versión dos Setenta.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-01

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución