Notas para o estudio da hipótese de explicitación
Resumo
A hipótese de explicitación afirma que os textos traducidos amosan, fronte ós seus orixinais, un aumento dos mecanismos de cohesión independentemente das diferencias debidas ós sistemas lingüísticos implicados (Blum-Kulka 1986; Baker, 1986). Non embargante, tanto a análise do corpus bilingüe inglés-galego TECTRA como os datos procedentes de disciplinas adxacentes como a Retórica Contrastiva ou a Lingüistica Textual semellan indicar que a explicación non é un factor constante de tódalas traduccións e, ademais, que noné exclusiva desta clase de proceso. Cómpre, que xa que logo, reformula-la definición de explicitación e presentala como unha simple tendencia de tódolos procesos comunicativos. A mesma Blum-Kulka recoñece que hai casos de explicitación que se deben ás diferentes preferencias estilísticas das linguas, o que significa que se precisan máis estudios empíricos a grande escala para validar ben a preferencia estilística, ben a explicitación.