De Frisia a Fisterra, ou como facer unha tradución aliterativa á lingua galega do poema épico anglosaxón Beowulf

Autoras/es

  • Jorge Luis Bueno Alonso

Palabras clave:

Beowulf, Tradución aliterativa, Tradución intertemporal, Edición de textos antigos

Resumo

Cunha ampla variedade de técnicas moitos foron os intentos -dende o comezo dos estudos académicos da literatura anglosaxona- de facer accesible o texto de Beowulf ó publico. Maila a súa dificultade como texto, Beowulf segue editándose, traducíndose e transmitíndose máis ca nunca. Seguindo esta vella e clásica tendencia de facer de Beowulf un texto accesible e coa intención de engadir unha nova lingua ó variado número de linguas do mundo nas que se ten traducido Beowulf, quero presentar aquí as primeiras etapas dun proxecto que haberá de conducirnos -que eu saiba- ata a primeira tradución aliterativa de Beowulf á lingua galega. O obxectivo deste artigo é describi-los diversos pasos do proxecto e comenta-las diferentes decisións que temos feitas e que teremos que facer a tódolos niveis para traducir e edita-lo texto anglosaxón dun xeito satisfactorio: Por que é necesario facer unha nova edición do texto dende o códice Cotton Vitelius A.XV? Que tipo de tradución imos facer? Cales van se-los problemas que teremos que resolver ó longo do proceso de traductolóxico?. etc. Estas e otras cuestións semellantes serán analizadas ó longo deste artigo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-13

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución