Ortografía técnica nos textos franceses (III). Os símbolos (segunda parte)

Autoras/es

  • José Yuste Frías

Palabras clave:

Ortografía técnica nos textos franceses, ortotipografía para traductores, escritura braquigráfica e tradución, símbolos científicos e técnicos, Sistema Internacional de Unidades (SI)

Resumo

Na terceira entrega (Yuste Frías 2005) desta serie de artigos sobre ortografía técnica nos textos franceses, josé Yuste Frías ofreceu unha sucinta introdución ó concepto de "símbolo" en tradución para diferenciar claramente os símbolos da escrita poética, onde a imaxinación é a raiña, dos simbolos da escrita braquigráfica na redacción de textos científicos e técnicos, onde impera a razón. Nesta cuarta entrega, dedicada á escritura correcta dos símbolos do Sistema Internacional de Unidades (SI), o autor céntrase nos símbolos con clara vocación universal que afectan as ciencias e técnicas, e aqueles cun valor interpretativo tan único e determinado como únicas, fixas e invariables son as súas gráficas con vistas a favorecer, simplificar e asegurar o intercambio global de información científica e técnica de forma abreviada, precisa e exacta.  Para a lectura en pantalla da edición dixital desde artigo, o lector debe ter en conta que a escrita incorrecta dos símbolos do SI aparece en vermello, mentres que a escrita correcta, sempre en verde.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-14

Número

Sección

Instrumenta e formación