Tradución e transmisión cultural: o español cara ás linguas vernáculas indias

Autoras/es

  • Rajiv Saxena

Palabras clave:

comunicación intercultural, tradución literaria, tradución español-hindi

Resumo

A comunicación intercultural a través da literatura non se limita só a traducir palabras senón que se lle está a dar unha maior énfase á transmisión do significado e préstaselle atención especial a un uso idiomático apropiado, a unha nomenclatura e a unha terminoloxía acordes ás necesidades e aos requisitos do produto literario. A literatura e a lingua son as dúas caras dunha mesma moeda. O problema xorde cando a literatura se ve inmersa no debate clásico dos últimos tempos de «tradución vs. creación» ou tradución «estranxeirizante vs. domesticandora».

O seguinte artigo é unha tentativa de analizar os problemas cos que nos enfrontamos ao verter textos en español cara ao hindi e de darlle a coñecer ao lector indio os matices e as facetas sociais e culturais dos costumes españois.
A problemática de traducir un texto literario aumenta aínda máis cando a lingua de partida e a de chegada son de culturas alleas e totalmente distintas.

Por último, farase unha observación das últimas tendencias que tentan levar o texto aos lectores e non ao revés. Examinaremos algunhas traducións onde se lle explican ao lector os matices culturais. O obxectivo deste artigo centrarase en compartir algúns problemas prácticos cos que nos podemos atopar cando asumimos a tarefa de traducir literatura e nos atopamos coa polémica lingüística no contexto multilingüe da India.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-20

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución