A tradución xurídica como ferramenta para o desenvolvemento da normalización do catalán xurídico
Palabras clave:
tradución xurídica, tradución xurídico-administrativa, terminoloxía xurídica, tradutores xurídicos, normalización lingüística, recoñecemento oficial do catalánResumo
O desenvolvemento da tradución xurídica cara ao catalán e da terminoloxía xurídica en catalán é paralelo ao recoñecemento oficial da lingua catalá por parte das institucións políticas do Estado. A política de normalización lingüística seguida pola Generalitat favoreceu o uso do catalán xurídico sobre todo por parte da Administración Pública. Neste proceso de normalización, a tradución tivo un papel destacado, posto que tal normalización se conseguiu grazas a un intenso traballo de tradución do castelán para o catalán, que propiciou a elaboración de moitos recursos terminolóxicos bilingües castelán-catalán. Concluímos o artigo avogando pola necesidade de elaborar tamén recursos terminolóxicos multilingües xa que ían ser utilizados por moitos tradutores xurídicos de distintos perfís.