A tradución xurídica como ferramenta para o desenvolvemento da normalización do catalán xurídico

Authors

  • Olga Torres-Hostench
  • Carmen Bestué

Keywords:

tradución xurídica, tradución xurídico-administrativa, terminoloxía xurídica, tradutores xurídicos, normalización lingüística, recoñecemento oficial do catalán

Abstract

O desenvolvemento da tradución xurídica cara ao catalán e da terminoloxía xurídica en catalán é paralelo ao recoñecemento oficial da lingua catalá por parte das institucións políticas do Estado. A política de normalización lingüística seguida pola Generalitat favoreceu o uso do catalán xurídico sobre todo por parte da Administración Pública. Neste proceso de normalización, a tradución tivo un papel destacado, posto que tal normalización se conseguiu grazas a un intenso traballo de tradución do castelán para o catalán, que propiciou a elaboración de moitos recursos terminolóxicos bilingües castelán-catalán. Concluímos o artigo avogando pola necesidade de elaborar tamén recursos terminolóxicos multilingües xa que ían ser utilizados por moitos tradutores xurídicos de distintos perfís.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-21

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución