Interferencias léxicas do galego na interpretación simultánea español-portugués
Resumo
A Universidade de Vigo conta co único Grao en Tradución e Interpretación do Estado español que imparte docencia de interpretación na combinación portugués-español. Isto confírenos unha importancia capital, pois dános a oportunidade de formar novos intérpretes que serán absorbidos de xeito moi rápido polo mercado.
A situación xeográfica na que nos atopamos, así como o feito de termos o galego como lingua propia de Galicia, inflúen de xeito positivo na aprendizaxe da técnica precisa para chegar a ser un bo profesional da interpretación simultánea neste par de linguas. De calquera maneira, non podemos obviar os calcos e interferencias léxicas que aparecen na combinación lingüística (español-portugués), cando os intérpretes teñen o galego como lingua materna, á hora de realizar unha interpretación simultánea