Análise das primeiras recensións da revista Viceversa
Palabras clave:
tradución, recensión, crítica de tradución, crítica literaria, ViceversaResumo
As recensións dunha obra traducida constitúen unha das primeiras referencias sobre o libro en cuestión á que podemos acceder na nosa propia lingua. Cumpren unha dobre función, a informativa de cara ao lector e a publicitaria de cara ao autor do orixinal, para este último é unha forma de dar a coñecer a súa obra e a súa persoa nun sistema literario alleo ao seu ?contribúe a chamada “fortuna” dun autor estranxeiro no sistema receptor. A meirande parte das recensións dunha obra traducida atribúe pouca ou ningunha importancia ao labor tradutor e, no mellor dos casos, cumpren o seu compromiso co tradutor cunha simple apreciación materializada a través dalgún adxectivo. Porén, as recensións son un dos elementos de interese na análise e reflexión dentro dos estudos para/tradutivos. No presente artigo realizaremos unha análise das recensións de obras traducidas publicadas na revista Viceversa entre os anos 1999 e 2004 co obxecto de dilucidar se a información ofrecida ao lector acércase máis a unha crítica de tradución ou a unha crítica literaria.