Traducir entre afectos, traducir como alimento

Entrevista a Kathleen March

Autoras/es

  • Tamara Andrés Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v22i.3694

Palabras clave:

entrevista, Kathleen March, AIEG

Resumo

A profesora e tradutora galicianista Kathleen March foi a persoa escollida para gozar, na súa primeira edición, da Residencia Xacobeo 21-22, que ten por obxectivo contribuír á proxección exterior das letras galegas e que foi convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia en colaboración coa Residencia 1863, dirixida por Yolanda Castaño. March, especializada en estudos peninsulares e latinoamericanos, fundadora da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) e tradutora ao inglés de numerosas autorías galegas (Anxo Angueira, Ánxel Fole, Claudio Rodríguez Fer, Susana Sánchez Aríns, Rexina Vega ou Begoña Caamaño, entre outras), residiu durante o mes de maio de 2021 no apartamento da rúa coruñesa Riego de Agua co obxectivo de traducir ao inglés as obras Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo (Baía Edicións, 2010), e Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira (Editorial Galaxia, 2017). Ao termo da súa estadía reunímonos con ela en Santiago de Compostela para conversar sobre a súa experiencia como tradutora residente, mais tamén sobre a súa relación coa cultura galega, sobre literatura, afectos e tradución.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2023-05-31

Número

Sección

Informacións