Vídeo da Presentación do monográfico "Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora"

2022-01-21

A televisión da Universidade de Vigo publica as gravacións do acto de presentación do monográfico Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora

O acto celebrouse o pasado martes 30 de novembro de 2021 no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e tradución da Universidade de Vigo coa intervención do equipo editorial do libro (Alberto A. Lugrís, Ana Luna e María Reimóndez), Jorge Bueno (director do Servizo de Publicacións da Uvigo), Fran Alonso (escritor, director de Edicións Xerais), Darío Gil (fillo de Xela Arias) e as colaboradoras no libro Tamara Andrés, Alba Rodríguez Saavedra, Marilar Aleixandre, Erin Moure, Kathleen March e Georg Pichler.