Presentación

Autor/innen

  • Xulián Maure Rivas

Schlagworte:

Viceversa, Estudos de tradución en Galicia

Abstract

Presentación

No proceso de normalización lingüística de Galicia hai un novo paso que dar: traducir masivamente ó galego as mellores obras literarias e técnicas das máis importantes linguas de cultura. Esta normalización require a formación dun corpo de traductores profesionais que poidan afrontar este inxente labor tan necesario para a comunidade lingüística galega.

A esta nova necesidade cultural corresponde a recente creación dos novos estudios universitarios de Traducción e Interpretación na Universidade de Vigo. Por seren novos, estes estudios non puideron contar con tradición ningunha universitaria nos temas específicos de traducción á lingua galega. Esta insuficiencia promoveu a unión dos poucos que en Galicia, xa desde a Asociación de Traductores Galegos (ATG) xa desde os estudios universitarios de lingua e literatura galegas, viñan preocupándose de promove-las traduccións á lingua natural de Galicia.

Cando un grupo de profesores da Universidade de Vigo e algúns traductores da ATG nos reunimos en 1993 para organiza-lo I Simposio Galega de Traducción, de contado pensamos na utilidade dunha revista galega que recollese todo xénero de traballos tendentes a normalizar entre nós a traducción, actividade que resulta imprescindible en calquera lingua de cultura.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-03-31

Ausgabe

Rubrik

Presentación