A política lingüística e tradutiva nas sociedades multilingües. Algunhas observacións preliminares.

Autor/innen

  • Reine Meylaerts

Schlagworte:

Política lingüística, planificación lingüística, política de tradución, sociedade multilingüe

Abstract

En contextos multilingües, as linguas nunca son iguais unhas ás outras. A escolla dunha lingua depende de numerosas disposicións legais que estipulan que lingua ou linguas son lexítimas nun momento ou nun contexto concretos. As políticas lingüísticas e as políticas de planificación lingüística desenvolven unha importantísima funci´on nos contextos multilingües. As diferentes opcións lingüísticas contribúen a crear e/ou tranformar relacións de poder entre as diferentes linguas e os seus falantes, a reforzar as fronteiras entre grupos de persoas. Entre os mecanismos de control que posúen os grupos dominantes, a tradución ten un papel principal: que pode e que non pode ser traducido por quen, cando e como nun contexto xeotemporal e institucional concreto. Son cuestións que nunca se deciden ó chou, senón que forman parte das opcións e regulamentos de calquera sociedade.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-14

Ausgabe

Rubrik

Teoría e Historia da tradución