Cara a unha nova visión do procesamento da información en interpretación simultánea: resultados experimentais

Autor/innen

  • Luis Alonso Bacigalupe

Schlagworte:

interpretación simultánea, cognición, procesamento da información, investigación experimental, estratexias, formación de intérpretes

Abstract

Neste artigo preséntanse unha parte dos resultados dun traballo experimental de investigación sobre o procesamento da información en intrepretación simultánea. Dende as súas etapas iniciais a achega teórica principal á IS baseábase na idea de que os intérpretes adoptan unha estratexia de traballo baseada na busca constante do significado profundo do discurso orixe, que despois reformulan dun xeito natural seguindo un sistema análogo ao da comunicación humana normal, que implica a expresión dos enunciados a partir do pensamento espontáneo: os intérpretes nin sequera traducen enunciados, senón que os interpretan. As probas experimentais atopadas por distintos investigadores en traballo independentes parecen indicar, sen embargo, a existencia dun sistema dobre no que a busca do sentido se alterna coa transcodificación inmediata de unidades ou enunciados cando a relación LO-LT así o permite. O autor argumenta que dadas as esixencias impostas aos intérpretes pola IS, estes actúan estratexicamente utilizando en cada momento o sistema máis eficiente, có obxectivo último de non esgotar innecesariamente os seus limitados recursos congnitivos. Isto debería ter implicacións importantes, sobre todo no campo da pedagoxía da IS.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-14

Ausgabe

Rubrik

Teoría e Historia da tradución