Análise da tradución da recorrencia en diversos textos do Corán
Schlagworte:
Recorrencia, Cohesión léxica, Tradución do Corán, Redundancia semántica, Análise da traduciónAbstract
Moito se ten escrito xa da recorrencia no árabe, xa que este mecanismo é un dos recursos textuais que axuda a proporcionar claridade e efectividade ao texto. Con todo, o que en inglés podemos considerar unha expresión semanticamente redundante, pode non selo en árabe. Este feito supón un problema cando se traduce do árabe ao inglés.
Neste sentido, o presente estudo céntrase na investigación da tradución de certos textos do Corán, onde a recorrencia é unha característica común, ao inglés. O estudo tenta atopar un equivalente en inglés que conserve o máis posible as funcións para as que se empregou a recorrencia no Corán. As análises dos textos baséanse no modelo de Beaugrande e Dressler (1981) e constitúen a parte máis relevante para acadar o obxectivo deste estudo.
Seleccionáronse para a investigación diversos textos de dúas das traducións máis coñecidas do Corán: a de Ali (1973) e a de Pickthall (1930). As análises amosan que ambos tradutores tentaron conservar os aspectos funcionais deste recurso cohesivo no texto meta (en adiante TM). O estudo, ademais, explica as posibles estratexias de tradución que se utilizaron co propósito de conservar ese estilo elegante do texto orixe (en adiante TO) na lingua de chegada sen crear un texto ineficaz e opaco