Software libre na universidade: o caso da licenciatura de tradución e interpretación

Autor/innen

  • María José Fernández Píntelos

Schlagworte:

software libre, tradución, interpretación, formación de tradutores, Universidade de Vigo

Abstract

No presente artigo exponse un traballo estatístico baseado nunha mostra de alumnos de varios anos de quinto curso da Licenciatura en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo1 . O estudo analiza o grao de coñecemento e a experiencia real como usuario que os alumnos teñen de distintos programas, ben de software libre, ben de software propietario, útiles para o mediador lingüístico. Logo de describi-lo devandito estudo, analízanse os seus resultados para debuxar un cadro claro das capacidades dos futuros profesionais. A autora argumenta que, dadas as esixencias actuais do mercado, é necesario apoiar iniciativas de formación dos futuros tradutores e intérpretes nunha ampla variedade de programas. Finalmente, proponse o software libre como alternativa digna de terse en conta nas aulas universitarias

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-21

Ausgabe

Rubrik

Instrumenta e formación