A tradución para a dobraze inglés-galego das referencias culturais extralinguísticas de Gran Torino

Autor/innen

  • Diana García Couso

Schlagworte:

tradución, dobraxe, lingua galega, normalización, referentes culturais extralingüísticos, disfemismos, etnopaulismos

Abstract

O obxectivo deste artigo é establecer cal foi a norma de tradución seguida na dobraxe ao galego do filme Gran Torino. Do mesmo xeito que sucede coa tradución de Literatura Infantil e Xuvenil ao galego, a tendencia na dobraxe cara á nosa lingua adoitou ser a domesticación. Este feito veu motivado polo afán normalizador co que naceron os medios audiovisuais galegos, mediante os cales se pretendían mudar as actitudes sociolingüísticas negativas asentadas entre a poboación e dar a coñecer a normativa estándar do galego. A partir dos resultados obtidos da análise da tradución das referencias culturais extralingüísticas do filme, detectamos o que semella un cambio cara á estranxeirización, nun momento no que os avances tecnolóxicos e audiovisuais fixeron posible un maior achegamento á realidade estadounidense no contexto galego.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-23

Ausgabe

Rubrik

Teoría e Historia da tradución