Unha tradución inédita de Evaristo de Sela: Demóstenes, Filípica I. Edición e estudo

Autor/innen

  • Mª Teresa Amado Rodríguez

Schlagworte:

Tradución galega, oratoria grega, Demóstenes

Abstract

Evaristo de Sela, helenista autodidacta e catedrático de grego de ensino medio, dedicou boa parte do seu tempo de lecer á tradución dos clásicos grecolatinos e aos traballos de lexicografía no eido da toponimia de Galicia. Entre os papeis que quedaron inéditos atopouse unha versión en galego da Filípica I de Demóstenes, un texto grego de difícil lectura. Aínda que quedou sen rematar, está traballada dabondo como para que mereza ser coñecida polo público culto de Galicia. Neste traballo facemos a edición do texto e estudamos o método de tradución do helenista. Para isto tentaremos avaliar o grao de desviación do orixinal, tendo en conta o ámbito lingüístico, o ámbito socio-cultural e o ámbito poético. A análise amosará as boas dotes do tradutor e calidade da versión.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-23

Ausgabe

Rubrik

Teoría e Historia da tradución