Cara a unha teoría da traducción para sistemas literarios "marxinais". A situación galega

Authors

  • Xoán González-Millán

Keywords:

Sistemas literarios marxinais

Abstract

O acto de traducción podería definirse, en principio, coma un diálogo cultural desigual entre sistemas lingüísticos diferentes. Este suposto, baseado na ben documentada observación de que nos países onde coinciden dúas ou máis culturas é seguro que se han producir conflictos, responde á imaxe dos encontros culturais entre sociedades que conviven con desiguais relacións de poder. E ofrece un interesante marco no que encadra-lo acto de traducción coma un campo idóneo para o estudio dos conflictos interculturais e as leis de interferencia literaria.

Estas observacións preliminares obrígannos a ter en canta os intricados vínculos establecidos entre os sistemas culturais (e literarios) representados palas asimétric as canonizacións do discurso; e, ó mesmo tempo, requiren unha análise metodolóxica e conceptual do proceso da traducción nas situa- cións dominadas por diversas manifestacións de desigualdade (ben sexa social, cultural, política ou económica).

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-03-31

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución