A posición da traducción literaria dentro do polisistema literario

Authors

  • I. Even-Zohar

Keywords:

Itamar Even-Zohar, Polisistema, Tradución literaria

Abstract

A pesar de que os historiadores da cultura recoñecen amplamente o importantísimo papel que a traducción representou e representa na cristalización das culturas nacionais, ata o de agora a penas se investigou neste eido. Polo xeral, nas historias da literatura só se mencionan as traduccións cando é imprescindible, por exemplo ó trataren da Idade Media ou o Renacemento. Claro que sempre se poden atopar referencias esporádicas a traduccións literarias individuais noutros períodos, pero poucas veces a súa inclusión no repertorio histórico é coherente. En consecuencia, é moi difícil facerse unha idea da función que desempeüa a literatura traducida ou a posición que ocupa dentro do conxunto dun determinado sistema literario. Aínda máis, non é só que ninguén teña consciencia de que a literatura traducida poida existir como un sistema literario particular, senón que a traducción ou as obras traducidas se estudian, polo xeral, individualmente. ¿Hai algunha base lóxica que permita outro enfoque, é dicir, considera-la literatura traducida como un sistema?¿O tipo de rede de relacións culturais e verbais, que estamos convencidos de que existe na literatura orixinal, é o mesmo que actúa no grupo heteroxéneo de textos traducidos? ¿Tendo en conta que as obras traducidas se presentan como textos autónomos, recollidos doutras literaturas e afastados do seu contexto orixinal, en consecuencia neutralizadas dende o punto de vista das loitas entre o centro e a periferia, ¿cales son os vínculos que as unen?

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-03-31

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución