Os Traballos de fin de carreira de T&I, un tesouro terminolóxico inexplorado
Keywords:
Terminografía, Linguas de especialidade, tradución especializadaAbstract
En setembro do ano 2007 rematou o último prazo para que o alumnado de Tradución e Interpretación (plano de 1992) presentase o proxecto fin de carreira conducente ao título de licenciado en Tradución e Interpretación. Parécenos
un momento adecuado para realizar balance sobre estes traballos que superan o medio milleiro, centrándonos especialmente, dada a nosa especialización, na análise dos repertorios terminográfi cos galegos elaborados neste marco académico.
O obxectivo do traballo é darlle visibilidade a estes traballos, así como inserilos no tratamento conxunto de toda a produción terminolóxica galega. Estes traballos resultan de difícil acceso e consulta e entendemos que son unha fonte de documentación importante na constitución do corpus da lingua tanto pola súa cantidade (máis de corenta volumes), tamén pola súa calidade e, sobre todo, polas temáticas novas que tratan. Interésannos igualmente por estar elaborados dende unha perspectiva terminolóxica traducional que insire a nosa lingua nun marco multilingüe internacional.