O anxo da tradución: sobre a teoría da tradución crítica de Walter Benjamin

Autores/as

  • Burghard Baltrusch

Palabras clave:

Walter Benjamin, filosofía da tradución, filosofía da lingua, crítica da tradución, paratradución, pura lingua

Resumen

Este estudo é unha breve lectura explicativa e crítica, desde unha perspectiva posmoderna e de para/tradución, da filosofía da tradución e da filosofía da linguaxe que Benjamin desenvolve nos ensaios "Sobre a lingua en xeral e sobre a lingua do ser humano" (1916) e "O cometido de que traduce" (1922). Procurarei mostrar como a práctica tradutiva proposta na súa obra se apoia na utopía metanarrativa da "pura lingua" entendida como ferramenta crítica. O proceso da tradución interlineal e crítica esixe a reconstrución de elementos paratradutivos agochados no 'orixinal'. O que queda da idea de progreso na dialéctica dunha para/tradución crítica (sobre todo se a pensamos como crítica de modernidade e posmodernidade) é a dinamica de construción en medio dunha progresiva desconstrución.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2020-04-14

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución