Para-traducir libros infantís
Palabras clave:
Texto, paratexto, tradución, paratradución, literatura infantil, ortotipografía, símbolo, imaxeResumen
Este artigo afianza o concepto de «paratradución» ofrecendo unha exhaustiva análise do mesmo aplicada á tradución dos libros infantís. O autor deixa claro que, en toda tradución especializada de textos con imaxe, os tradutores nunca traducen dunha lingua a outra, illada cada unha doutros códigos semióticos, senón que o fan entre linguas actualizadas en actos de fala únicos e irrepetibles en plena interacción intersemiótica. Traducir é interpretar, a interpretación é unha forma de tradución. Ler, interpretar e (para)traducir imaxinarios implica saber captar a dimensión verbo-icónica dos textos e paratextos que se traducen. Para asegurar o éxito da tradución dun libro infantil, o tradutor debe ler e interpretar cada un dos elementos textuais e paratextuais constitutivos do imaxinario da obra que se traduce: as palabras, as imaxes, os sons, os movementos e ata os cheiros presentes en cada texto e cada paratexto. Un tradutor traduce texto e paratraduce paratextos. Para todo tradutor, o concepto de paratradución resúltalle idóneo á hora de intentar describir e definir esa zona imprecisa e indecisa no tempo tradutor e no espazo editorial nos que sempre se sitúa o profesional da tradución cando se vai publicar, por fin, o seu traballo.