A Norma UNE-EN 15038

Auteurs

  • Ana Luna Alonso

Mots-clés :

Norma, UNE, UNE-EN 15038

Résumé

Ata o de agora só existían normativas de calidade aplicables á tradución, pero referidas principalmente ás relacións establecidas entre o cliente e o profesional que traduce no tocante a pedidos e contratos. A primeiras normas estatais
de calidade das traducións comezan a xurdir arredor dos anos 1990, mais foi a finais do ano 2000 cando se inicia a elaboración dunha norma europea de calidade. Logo de varios anos de traballo, a norma aprobouse en maio de
2006. A versión ofi cial en lingua española (Norma española UNE-EN 15038) que leva por título: “Servizos de tradución. Requisitos para a prestación do servizo”, non normaliza nin xulga a calidade da tradución, senón o servizo, isto
é, a calidade do mesmo mediante o seguimento do proceso levado a cabo para obtermos o produto fi nal. No seu espírito está a procura dunha nova forma de traballo que determinadas asociacións profesionais xa inclúen no seu código
deontolóxico dende o momento da súa creación.
Describimos a seguir o valor da EN-15038 como prácticas recomendables con criterios obxectivos e cuantificables e como principios básicos operativos da tradución para acadar unha normalización real das actividades dentro do
sector e un maior recoñecemento da profesión.

Téléchargements

Les données relatives au téléchargement ne sont pas encore disponibles.

Téléchargements

Publiée

2020-04-14

Numéro

Rubrique

Instrumenta e formación