Aproximación discursiva á tradución obxectiva e á avaliación da calidade da tradución

Auteurs

  • Théodore Dasse

Mots-clés :

traducir, avaliación da tradución, calidade da tradución, estratexias do discurso, obxectividade/subxectividade

Résumé

Este artigo volve a tratar o tema da obxectividade na tradución, a avaliación da calidade da tradución e como ensinar a traducir. Fai fincapé en que as eleccións dos tradutores e a avaliación da calidade da tradución se poden obxectivar con maior precisión. O estudo baséase nos modelos de avaliación obxectiva da calidade da tradución de House (1976; 1997; 2001) e de Bowker (2001). A hipótese é que é posible crear un modelo no que a obxectividade se acade seguindo un proceso vertical de arriba a abaixo no que se exploren as estratexias locais e globais do discurso fonte. Con isto defínense e explícanse as principais características das estratexias globais e locais do discurso, usando ademais varios exemplos para ilustralo. No entanto, posto que aínda está nunha etapa temperá, precísase recoller máis información para probar e mellorar o modelo proposto

Téléchargements

Les données relatives au téléchargement ne sont pas encore disponibles.

Téléchargements

Publiée

2020-04-21

Numéro

Rubrique

Teoría e Historia da tradución