Convocatorias
Viceversa. Revista galega de tradución Viceversa. Galician Translation Journal |
23 |
CONVOCATORIA DE ARTIGOS PARA O NÚMERO 23 (2023)
Viceversa. Revista galega de tradución
http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa/index
ISSN: 1135-8920 | ISSN dixital: 1989-2853
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Xa está aberto o prazo de recepción de orixinais para o número 23, correspondente ao ano 2023.
As áreas de interese da revista inclúen, entre outras:
- Historia da teoría e da práctica da tradución e da interpretación
- Teoría da tradución e da interpretación
- Desenvolvemento e utilización de ferramentas de tradución e interpretación (dicionarios, glosarios, programas informáticos, etc.)
- Reflexións de profesionais da tradución sobre as súas obras
- Críticas e recensións de traducións literarias e non literarias
- Críticas e recensións de ferramentas de tradución e interpretación
Os traballos débense presentar nun documento de texto editable a través da páxina web da revista, onde tamén están dispoñibles as normas de estilo para os distintos tipos de artigos: http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa/about/submissions.
Os artigos pódense enviar en calquera lingua europea e a revista traduciraos ao galego para a súa publicación. Na súa páxina web Viceversa ofrecerá tanto a versión galega como a orixinal.
PRAZOS
O prazo de recepción de orixinais está aberto permanentemente. Para o número 23 (2023) tomaranse en consideración os traballos recibidos ata o 30 de setembro de 2022.