Información para as autoras/es

Se desexa publicar un traballo en Viceversa. revista galega de tradución, aconsellámoslle que revise a declaración de intereses e obxectivos da revista, así como as súas principais liñas temáticas na sección Acerca do xornalViceversa acepta orixinais en calquera lingua europea; a revista traduciraos ao galego para a súa publicación. Na súa páxina web Viceversa ofrecerá tanto a versión galega como a orixinal. Consulte tamén a Folla de estilo da revista

Para enviar un traballo deber rexistrarse no sistema da revista ou iniciar sesión se xa se rexistrou no pasado. 

Viceversa non cobra pola avaliación nin pola publicación de traballos. 

Acceso aberto:

Viceversa proporciona acceso libre, inmediato e gratuíto a todo o seu contido, co obxectivo de formentar o intercambio científico e a libre circulación do coñecemento.

Todos os traballos publicados en Viceversa están suxeitos a unha licencia "Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial" (CC-BY-NC).

 

Código ético de conducta:

Viceversa asume e fomenta o "Código ético de conduta" establecido polo Committee on Publications Ethics (COPE).

 

Declaración de privacidade:

Os nomes, enderezos de correo electrónico e/ou postal e outros datos de carácter persoal recollidos en Viceversa empréganse só para as finalidades declaradas pola revista: envío e recepción de traballos para publicación, avaliación de traballos polo Consello de redacción e o Comité censor e correspondencia sobre a revista. En ningún caso estarán dispoñibles para outros propósitos nin se cederán a terceiras persoas. De conformidade co Regulamento 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello europeo do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no tocante ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, as pesoas usuarias deste sitio web teñen dereito de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento e portabilidade con respecto aos devanditos datos.

 

Dereitos de autor/a:

Todos os traballos publicados en Viceversa están suxeitos a unha licencia "Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial" (CC-BY-NC).

Os autores e autoras seguen a ter a propiedade dos seus traballos e poden volver a publicalos noutro medio sen necesidade de solicitar autorización de Viceversa coa condición de que declaren que o traballo se publicou orixinalmente nesta revista.

 

DOI (Digital Object Identifier)

Cada un dos traballos publicados en Viceversa terá asignado un DOI (Digital Object Identifier)

 

Prevención do plaxio:

Coa fin de garantir a orixinalidade dos traballos publicados e garantir o cumprimento do seu código ético, Viceversa emprega a ferramenta de detección de plaxio contratada pola Universidade de Vigo.