O dilema definicional do xénero na linguaxe
DOI:
https://doi.org/10.35869/hafh.v24i2.4106Palabras clave:
xénero gramatical (morfolóxico), linguaxe non binaria, linguaxe inclusiva, xénero non binario, lingua e xénero, tipoloxía lingüísticaResumo
As teorías actuais sobre o xénero lingüístico definen calquera lingua cun sistema obrigatorio de clasificación nominal como unha lingua “con xénero” e aquelas que manifestan distincións de xénero social doutras formas como linguas “sen xénero”. Estas definicións non acadan describir as múltiples maneiras nas que o xénero binario pode codificarse
na gramática e léxico de forma interlingüística. A partir dos datos sobre doce linguas tipoloxicamente distintas, argumento que se debe construír unha nova teoría do xénero lingüístico que se centre no concepto do xénero social. Tal teoría é necesaria para situar o concepto da linguaxe non binaria empiricamente. Os datos sobre a realización da linguaxe non binaria en diferentes linguas son esenciais nesta tarefa, xa que identifican trazos da lingua que as persoas falantes determinan que marca o xénero e sinalan a capacidade de campo dunha lingua “con xénero”.