MAQUINARIA DE LECTURA Y POÉTICA DEL ASOMBRO EN LOS SUCESOS DE FRAY GARCÍA GUERRA, DE MATEO ALEMÁN
Palabras clave:
Sucesos, Lectura, Poética, AsombroResumo
A publicación no 1613 dos Sucesos de Don Frei García Guerra pecha a obra de Mateo Alemán e conclúe o ciclo mexicano do noso autor formado ademais pola Ortografía castelá e o Eloxio á Vida do Pai Mestre Ignacio de Loyola de Luís de Belmonte Bermúdez, ambos de 1609. O texto adicado a García Guerra e titulado Sucesos de Fray García Guerra, Arzobispo de México, a cuyo cargo estuvo el gobierno de la Nueva España é acompañado por unha Oración fúnebre tamén adicada á morte do Arcebispo e Vicerrei. Os escasos achegamentos críticos aos Sucesos coinciden en sinalar o trazo de pouco coñecido dun texto que, con todo, ofrece algúns datos de sumo interese para a formulación dunha poética do relato en Alemán. Este artigo intenta caracterizar esta poética no marco da obra do autor do Guzmán de Alfarache