LA VERSIÓN TEATRAL DE LA SEÑORA CORNELIA DE CERVANTES
Palabras clave:
Cervantes, Tirso de Molina, TeatroResumo
Na comedia Quien da luego da dos veces, Tirso de Molina reelabora La señora Cornelia, unha das doce novelas curtas que Cervantes publicou en 1613 baixo o título de Novelas ejemplares. O proceso de adaptación que Tirso leva a cabo afecta a variados aspectos da obra e baséase na transformación dun texto literario a un texto dramático, ou sexa o conxunto formado polo texto literario e o texto-espectáculo, cun distinto tipo de fruición e outro modelo de comunicación. A partir dun esquema da distribución do material diexético dos dous textos, analizamos os cambios estilísticos, os cambios cuantitativos por aumento ou redución da extensión do hipotexto e as outras alteracións que fan representable a novela curta, como as que incumben á acción e aos móbiles e os valores dos personaxes.