Mutualismos e cooperativismo agrario de producción en Galicia

Autoras/es

  • Mario Orxales Pita

Resumo

Examínanse as dificultades que plantexa unha reforma da estructura minifundista da nosa agricultura a través do cooperativismo -unhas pautas culturais establecidas nunha agricultura familiar tradicional de supervivencia; un mercado con apenas 25 anos de existencia; unha explotación minifundista sen capacidade de acugulación; unhas relacións familiares que inmobilizan a xestión-, e que se ten que ver, ademais, a) cunha concepción do cooperativismo coma suma aritmética de intereses antes ca coma unha superación cualitativa, empresarial, da pequena producción campesiña; b) enfronta, polo seu nacemento serodio, un capitalismo monopolista que deixa pouca cancha ó cooperativismo agrario. Contrástase co mutualismo propio da agricultura familiar de subsistencia, onde non ven ó caso o cooperativismo, pero sí un mutualismo non extrapolable a outros sistemas económicos, a pesar de algúns intentos de idealizar e transcende-las pautas de comportamento tradicional -como serían algúns puntos de vista sobre a pervivencia dos montes en man común-. A ausencia histórica de recoñecemento xurídico-administrativo dos asentamentos operativos -aldea, parroquia- impedíu no seu tempo face-los montes comunais de propiedade pública e aproveitamento viciñal, que tería permitido unha propiedade pública dos montes moi considerable en Galicia.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-09

Número

Sección

Artículos