As empresas de democracia laboral en Galicia
Resumo
Abórdanse os factores máis limitadores das empresas galegas da economía social, factores que se sitúan nos niveis de cultura organizativa, tecnoloxía e organización do traballo e financiamento. No primeiro nivel destácase a existencia en moitas cooperativas de 'pactos organizativos' pouco adecuados, caracterizados por unha forte componente implícita e persoal e renuentes á diferenciación funcional e á expresión dos intereses individuais. Estes pactos son consecuencia dos dominios da vida intrapsíquica, da probeza dos modelos organizativos de refencia e do estido de integración na trama empresarial. No segundo nivel percíbese nas empresas pequenas unha ausencia de estratexias de mellora que se traduce en deficiente xestión productiva, como consecuencia de ocuparen sectores en declinio, de teren unha dimensión empresarial inapropiada e da falta de cualificación do persoal directivo. No nivel do financimento, existe un atractor para moitas empresas ó desequilibrio debido á inadecuación dos sistemas financierios ás necesidades da economía social, á ausencia de estratexias financieiras e á incorrecta valoración do marco orgánico-loxístico. Propóñense liñas de actuación en tódolos campos, e mesmo na formación, insistindo na necesidade de programas que ataquen simultaneamente a todos eles, dada a súa interrelación. Por último estímase que os promotores dos programas haberán de ser os propios membros do sector, sen menoscabo da política da administración e doutros sectores sociais.