Cultura organizativa nas empresas galegas de economía social

Autoras/es

  • Valentín García Álvarez
  • Ana Lorenzo Vila

Resumo

A cultura organizativa nas cooperativas non atopa as súas raíces nas formulacións máis normativas dos 'principios cooperativos' nin no disposto pola lei. Serán as posicións sociais e as traxectorias de vida dos seus membros, así como o mercado no que se inscriben en tato que empresas privadas os factores que darán lugar ás culturas organizativas tal e como se plasman no cotiá no comportamento do grupo ( no trato, nas disposicións á asunción de tarefas e responsabilidades, na construcción da autoridade e das súas resistencias, e non unicamente na toma de decisións). Faise precisa tamén unha análise da propia historia do grupo, con especial relevo nas crises de organización onde se abren procesos instituíntes. Distínguense dous modelos ideais entre os que se orientan as cooperativas: o formal-burocrático, con boa resposta á diferenciación funcional e ó tratamento dos conflictos, e o informal-comunitario, caracterizado por ser personalista e moralizante, e que potencia a implicación dos cooperativistas mesmo ata altos graos de sacrificio polo proxecto.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

1995-03-16

Número

Sección

Artículos