Das dictaduras ás democracias liberais: procesos psicosociais para a construcción do esquecemento.

Autoras/es

  • Miguel Anxo García Álvarez

Resumo

Analízase o fenómeno do esquecemento en relación coas experiencias políticas traumáticas, centrándose na experiencia da Transición española. Abórdanse as repercusións que este esquecemento, incorporado á idea de "reconciliación nacional", ten tanto a nivel dos individuos como das colectividades, centrándose naquelas que afectan ós e ás militantes que loitaron políticamente contra a dictatura: hipertrofia de determinadas dimensións persoais en detrimento doutras (o racional, o ideal, o futuro e o sacrificio sobre o irracional, o real, o presente e o lúdico), sociabilidade particular (resultado da magnificación afectiva do elemento de unificación grupal na organización militante), dogmatismo (estilos congnitivos ríxidos), identidade 'mono-rol' baseada na condición de militante e externalización da atribución de responsabilidade na dimensión moral (construíndo a súa superioridade moral). Facer unha transición política sobre un pacto de silencio e de esquecemento supón prolongar no presente político democrático liberal o pasado dictatorial. Pero en persoas concretas supón tamén un sufimento nada desestimable.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-16

Número

Sección

Artículos