Globalización e lingua. A colonización da lingua científica.

Autor/innen

  • Elvira Narvaja de Arnoux

Abstract

O artigo ocúpase en primeiro lugar do proceso de desenvolvemento da denominada "economía-mundo occidental" (unha parte do planeta autónoma e autosuficiente dende o punto de vista económico), facendo especial fincapé nas repercusións que este concepto ten nos sistemas lingüísticos. Céntrase, deste xeito, a relación entre globalización e lingua no marco xeral de expansión do capitalismo. Tócanse a seguir algunhas cuestións referidas á lingua científica na súa triple dimensión de vehículo de coñecemento, de ferramenta semiótica precisa para a producción científica e de escenario das loitas políticas. Préstase especial atención á aparición do inglés como lingua científica en occidente e á súa rápida expanción sustentada en motivos políticos e económicos en detrimento doutras linguas nacionais.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-02

Ausgabe

Rubrik

Tradución, lingua e ciencia. IV Simposio galego de tradución. Vigo, 2000