A transcrición dos arabismos en galego: unha proposta

Autor/innen

  • Xavier Frías-Conde

Schlagworte:

Galego, árabe, transliteración, arabismos recentes

Abstract

A recente internacionalización do galego está a provocar que sexa preciso estabelecer uns criterios fixos para a transcrición e transliteracións de nomes propios procedentes de linguas que non empregan o alfabeto latino. Neste artigo facemos unha proposta de transcrición de nomes árabes en galego a partir de elementos dispares: unha certa tradición, o propio sistema galego e, finalmente, os criterios seguidos noutras linguas do contorno.

En calquera caso, a proposta que aquí aparece está pensada para un uso "normal", non especializado, que pode aparecer en xornais ou calquera medio escrito, sen necesidade de recorrer a dígrafos ou grafemas complicados. Concluímos a proposta cunha breve mostra de nomes transcritos e mais algunhas suxestións para a escrita de nomes comúns árabes recentes de ámbito internacional con gallo de os incorporar ao galego dun xeito normal.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-13

Ausgabe

Rubrik

Instrumenta e formación