Cunqueiro tradutor e anosador
Abstract
Este traballo intenta ofrecer unha visión conxunta das traducións de Cunqueiro, tanto desde outras linguas ó galego —o Cunqueiro «anosador»— coma desde outras linguas ó castelán, incluíndo aquí as súas propias obras orixinariamente
escritas en galego –o Cunqueiro «tradutor». O estudo conxunto dos corpora das súas traducións –ó galego e ó castelán– está xustifi cado por tres razóns: a) Cunqueiro fai versións en castelán das propias obras escritas en galego;
b) non son raros os textos cunqueiranos que inclúen dúas tradución de dous textos alleos, unha ó castelán e outra ó galego; c) así como moitas veces fai distintas versións en galego do mesmo texto alleo, tampouco é infrecuente que
dun mesmo texto faga unha versión en galego e outra en castelán. Sostemos, ademais, que Cunqueiro podía traducir directamente textos en inglés e que partía de traducións nesta lingua para face-las súas versións de textos doutras que
descoñecía. Por último, destacamos algunhas opinións críticas –favorables ou non– de Cunqueiro sobre as traducións que manexaba.