O ensino teórico da interpretación. Estudo diacrónico e concepto de interpretación simultánea

Autor/innen

  • Aurora Ruiz Mezcua

Schlagworte:

interpretación simultánea, ensino, historia, concepto e evolución

Abstract

O obxectivo xeral deste estudo é sintetizar os conceptos e modalidades de interpretación con fins didácticos e, especialmente, en todo o que concirne á interpretación simultánea, xa que se trata da técnica máis empregada na práctica profesional hoxe en día. Desta forma, pretendemos elaborar un sinxelo marco de referencia no que se inclúan as principais definicións e correntes que sirva como guía para que os alumnos interesados na materia poidan distinguir
claramente os modos de interpretación que existen na actualidade.

Por outra banda, neste traballo inclúense algúns apuntamentos históricos clave con respecto ao xurdimento e desenvolvemento da interpretación simultánea, pois do contrario resultaría imposible expoñer a súa evolución e explorar as posibles liñas de investigación para o futuro.

Downloads

Keine Nutzungsdaten vorhanden.

Downloads

Veröffentlicht

2020-04-22

Ausgabe

Rubrik

Teoría e Historia da tradución