Norma e investigación sobre a tradución xurada

Authors

  • Ana Buján Fra

Keywords:

tradución xurada, norma, formato

Abstract

A persoa que realiza traducións xuradas adoita vivir nunha situación de descoñecemento relativo, mais permanente, da definición do seu traballo, da súa posición nos procesos nos que participa e da dimensión visual ou táctil dos seus productos. Con todo, e aproveitando a súa posición, esta persoa pódese converter en axente de observación e de investigación dos procesos da tradución xurada. Ten daquela a posibilidade de reflexionar sobre as estruturas paratextuais que lle confiren visibilidade plástica aos produtos da tradución xurada, así como sobre a necesidade de adecuar esas estruturas aos usos e teorías contemporáneos. Neste artigo, á parte de analizar a situación antes descrita, explicaremos as razóns polas que cómpre normalizar os formatos da tradución xurada e crear un marco de referencia para a súa práctica que, ademais de garantirlle visibilidade e lexitimidade social ao corpo da tradución xurada, permitirá reverter esa lexitimidade sobre calquera outra modalidade profesional da tradución.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-14

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución