Panorámica da tradución e a interpretación nos servizos públicos en Galicia: resposta a unha nova realidade social e lingüística

Authors

  • Mª Isabel Del Pozo Triviño
  • Iolanda Galanes Santos
  • Elisa Gómez López

Keywords:

fenómeno migratorio, servizos públicos, comunidade galega, interpretación social, mediación cultural

Abstract

O fenómeno migratorio é unha realidade que está presente en todas as comunidades do territorio español. Porén o caso de Galicia conta con algunhas peculiaridades en tanto que sociedade tradicionalmente emigrante, así como pola súa posición xeográfica. Cómpre salientar que nos últimos anos a situación está a cambiar e hoxe Galicia acolle unha importante comunidade inmigrante. Neste artigo presentamos unha panorámica da situación da Tradución e a Interpretación nos Servizos Públicos (SS.PP.) na Comunidade galega. Para iso, levamos a cabo un amplo traballo de campo no ámbito xudicial, penitenciario, de servizos de acollida a inmigrantes, sanitario e educativo. De modo paralelo presentamos a resposta das administracións públicas ante este fenómeno. A análise contrastiva das necesidades e da infraestrutura institucional permitiunos, por unha banda, tirar unha serie de conclusións orientadas á mellora dos servizos de mediación intercultural e, por outra banda, facer fincapé na necesidade de axeitar a formación universitaria de tradutores e intérpretes ás características reais deste novo mapa social e lingüístico.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-20

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución