Como integrar eficazmente actividades na aula e en liña por medio de Moodle. Unha presentación do curso de interpretación no ámbito sanitario do programa de posgrao en de interpretación de enlace da Universidade Adam Mickiewicz de Pozna?

Authors

  • María Tymczyńska

Keywords:

Moodle, sistemas de xestión da aprendizaxe, ambientes de aprendizaxe virtual, interpretación no ámbito sanitario, ensino nas aulas e integración en liña, enfoque orientado aos alumnos

Abstract

Este artigo presenta e expón os modos en que os profesores poden combinar eficazmente actividades de aprendizaxe na aula e en liña por medio de Moodle nun curso de interpretación no ámbito sanitario do Programa de Posgrao en Interpretación de Enlace da Universidade Adam Mickiewicz de Pozna?. Ao igual que todo tipo de ferramentas, a tecnoloxía é útil unicamente se é quen de proporcionarlles beneficios reais aos seus usuarios. Despois da presentación dalgúns dos magníficos recursos dispoñíbeis que existen para o ensino en liña da interpretación no ámbito sanitario (sitios web con recursos de anatomía en 3D, glosarios médicos, dicionarios, revistas, vídeos médico-educativos, etc.), describiranse aspectos como o nivel necesario de coñecementos informáticos, o mellor modo de presentar un determinado contido en liña, o tempo dedicado ao deseño do curso e a preparación individual das clases, que se deberán ter en conta antes de integrar os recursos en liña nas aulas por medio de Moodle

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-20

Issue

Section

Tools and Didactics