Marabillados aínda pola túa donda fala: reflexións sobre a tradución de Calderón tras unha produción teatral de life is a dream na long island Univertisty de Brooklyn

Authors

  • Gregary J. Racz

Keywords:

Calderón de la Barca, Life is a Dream

Abstract

A miña versión de Life Is a Dream foi encomendada inicialmente por W. W. Norton & Co. para incluíla na vindeira Norton Anthology of Drama. J. Ellen Gainor, o coeditor co que colaborei de forma máis estreita, amosou a súa insatisfacción coas pouco máis de trinta traducións ao inglés que existen desta peza teatral (das cales non todas foron publicadas e a maioría foron desbotadas) e dubidaba de que ningunha delas puidese resistir a comparación con Shakespeare ou o Molière de Richard Wilbur, entre os que estaría situada cronoloxicamente (a tradución de Wilbur, por certo, foi substituída máis tarde por outra tradución encargada ex profeso). Nunha conversa que mantivemos por correo electrónico, Gainor explicou cál era o ámbito previsto para esta antoloxía e puxo de relevo o que estaban a buscar os editores de Norton nos dramas traducidos que finalmente incluirían.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-22

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución