A Raposa d'O Principiño non quería ser domesticada senón cativada. Comparación das traducións castelá e galega d'O Principiño

Authors

  • Rebeca Lema Martínez
  • Sara Maquieira Fontán

Keywords:

tradución, domesticar, cativar, apprivoiser, revisor/a

Abstract

Este artigo dá conta das diferenzas tradutolóxicas existentes entre as traducións castelá e galega con respecto á obra orixinal en francés Le petit prince. Os erros de lectura e/ou as malas interpretacións do texto orixinal, poden dar
lugar a traducións pouco adecuadas. As autoras queren facer fincapé na tradución do verbo francés apprivoiser, que malia non parecer moi relevante a primeira vista, supón unha peza clave para a comprensión da esencia da obra de
Saint-Exupéry. Este tipo de desatinos está motivado en moitos casos pola utilización de dicionarios bilingües. Malia que os devanditos dicionarios poidan ser unha ferramenta de moita utilidade para profesionais da tradución, cómpre
cuestionar sempre a súa autoridade. A hipótese de que exista unha relación lineal entre as terminoloxías de diferentes linguas é insostible para calquera bo/a tradutor/a. Por outra banda, tamén se entrevé a falta da figura dunha persoa
revisora, fundamental para evitar erros culturais e ortolingüísticos e mesmo atenuar os chamados «vicios» do/a tradutor/a

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-22

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución