Interpretación das fórmulas xurídicas empregadas por Álvaro Cunqueiro na súa prosa literaria e tradución ao francés: Xente de aquí e de acolá

Authors

  • Beatriz Vázquez Rosales
  • Xosé Luís Janeiro Espiñeira

Keywords:

Cunqueiro, tradución, francés, galego, linguaxe xurídica, relatos

Abstract

Este artigo aborda a análise das expresións xurídicas que aparecen na escolma de relatos de Álvaro Cunqueiro Xente de aquí e de acolá e na súa versión francesa, Galiciens Corbeaux et Parapluies, feita por François Maspero. Non se trata de comparar o texto galego co texto francés, senón de descubrir as solucións propostas polo tradutor para designar as realidades xurídicas do microcosmos galego, achegando así, de xeito orixinal e intelixente, dous códigos lingüísticos e dous sistemas xurídicos menos próximos do que semella a primeira vista. A realidade extralingüística para un lector francés é diferente á dun lector galego e as expresións tecnolectais do ámbito xurídico que son obxecto deste traballo conceptúan dúas realidades extralingüísticas.

Maspero recorre a múltiples técnicas de tradución: adaptación, equivalencia, omisión, transposición, explanación, compensación,... O microcosmos cunqueiriano de preiteantes, avogados, procesos e xuízos reescríbese na versión francesa nun novo código lingüístico para unha cabal recepción de lectores cunhas coordenadas culturais ben diferentes.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-23

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución