A versión romanesa de O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
Keywords:
Manuel Rivas, análise tradutiva, estratexias, recepción, romanés, galegoAbstract
O fenómeno da tradución coñece unha expansión importante na Romanía poscomunista, posto que nos últimos vinte anos a cidadanía romanesa gozou de liberdades das que fora privada durante os cincuenta anteriores. Neste traballo presentamos a tradución ao romanés realizada por Alexandra Reocov dunha das obras de maior éxito de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro. Comparar tradución e orixinal pode resultar moi interesante a nivel textual, sobre todo cando se trata de dous idiomas que pertencen á mesma categoría de linguas (románicas, neste caso); pero aínda resulta ser máis atractivo analizar culturas en contacto que pertencen a contextos e espazos diferentes. Neste artigo evitamos falar de “erro de tradución”, agás en casos moi evidentes, e limitámonos a destacar aspectos que semellan máis ou menos doados de resolver, ao tempo que expoñemos algúns dos exemplos máis significativos do que consideramos desacertos de tradución de diferente gravidade.