Beyond the Doors: Translating Past and Present Galician Literature
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v22i.3659Keywords:
translation of Galician literatureAbstract
Alguén dixo, e díxomo a min, que non facía falta preocuparse de publicar as traducións que se facían, ou que se podían facer, da literatura galega. Interpretei ben o comentario: queríadicir que abondaba con que houbese tradutores e tradutoras. Entendino: cumpría que estivese agradecida de ter a oportunidade de me achegar á Galiza e me asolagar nas augaslingüísticas que me teñen navegando de mar a mar dende hai moitos anos.
Apuntei nesa mesma conversa o de que aparentemente a literatura aboiaba abondaba... Tamén apuntei a idea de que investir en convidar unha persoa a traducirabondaba. E pensei que a idea pertencía a unha persoa non tan afeccionada á literatura coma min. E posibelmente non era persoa mercadora de libros. Mais tamén pensei: se a única persoa que le os meus textos en inglés son eu, perdín, perdo o tempo. Se a xenerosidade dos que me convidaran fica comigo e eu fico coa miña escolma de textostraducidos (que son dous libros en total). Que xa chegaba, seguía a dicir a persoa interlocutora miña, e eu a pensar «que ben». Podo facer o que veño de facer coa Residencia Literaria 1863, na cidade con museos e faros e praias (e moito castelán), cos meus anos, agora serodios e senlleiros, e seica podo deixar, sen facer máis nada, os manuscritos noRego da Auga onde estou a traballar ao longo do mes de maio. Textos escollidos segundo a miña preferencia, o meu gosto persoal.
Downloads
Downloads
Published
Issue
Section
License
Copyright (c) 2023 Kathleen March
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International License.