Escritura como renuncia. As traducións de José Ángel Valente
Palabras clave:
Traducción literaria, Ideoloxía, ValenteResumen
O labor creativo desenvolvido no terreo lírico, ensaístico e narrativo, polo poeta ourensán José Ángel Valente (Ourense 1929 - Xenebra 2000) atopa unha continuación na súa faceta de traductor, que serve como interlocutor nun diálogo estético, ideolóxico e vital. Este artigo pretende tracexar algúns dos fundamentos ideolóxicosque subxacen na elaboración das versións literarias realizadas por Valente e que comunican, a xeito de velas ocultas, a palabra allea como propia. As formas específicas da traducción valentiana, os temas dominantes, os autores e obras elexidos sérvenlle como guía ó lector para coñecer e recoñecer os procedementos da palabra poética no sentido máis rigoroso desta, a súa continuidade e duración na forma de múltiples confluencias de sentido e forma que Valente se limita a desvelar.