Aplicacións da lexicografía bilingüe baseada en córpora na elaboración do dicionario CLUVI inglés-galego
Palabras clave:
dicionario CLIVI inglés-galego, corpus CLIVI, elaboración de dicionariosResumen
Neste artigo presentamos a segunda edición (2008) do Dicionario CLUVI Inglés-Galego, un dicionario bilingüe de traducións contextualizadas que se está a desenvolver a partir dos datos do Corpus cluvi (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo). O Dicionario CLUVI Inglés-Galego constitúe o primeiro dicionario baseado en córpora da lexicografía galega. Todas as palabras inglesas que aparecen nas súas entradas están documentadas nos textos en inglés traducidos ao galego recompilados no corpus paralelo CLUVI. Alén diso, todas as traducións galegas recollidas no dicionario para esas palabras son traducións reais identificadas nas versións galegas dos textos ingleses do corpus. Finalmente, para cada tradución identificada, o dicionario fornece un exemplo real do seu uso tal como está documentado no corpus. Desde o ano 2005, está dispoñible na web, no enderezo http://sli.uvigo.es/dicionario